Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 152

O Señor dos Aneis I

J. R. R. Tolkien

O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia...

O que é a vida

Manuel Lourenzo González

Teo Runner, o repartidor máis rápido do Interpizza, aguanta a un xefe irascible e moi esixente. Aproveita as súas saídas na Bultaco para emular os heroes cinematográficos e restaurar a orde e a xustiza na cidade...

Amor dos quince anos, Marilyn

Agustín Fernández Paz

Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvaece. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá...

Irmán Rei Artur

Carlos G. Reigosa

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G...

As cousas claras

Xosé A. Neira Cruz

En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacións...

Cando petan na porta pola noite

Xabier P. DoCampo

Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan...

A banda sen futuro

Marilar Aleixandre

A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda...

Unha estrela no vento

Ledicia Costas

Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos...

Autor/a da semana