Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 302

Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade

Héctor Cajaraville

Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) destacou como poeta, e segue a ser o autor máis representativo da súa Valdeorras natal. Pero foi tamén articulista, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo, tradutor, corrector...

Capitán Lentella. Aventura a todo gas

Jorge Campos

Dende o planeta Lentellón, Lalo e Rufino, dous valentes viaxeiros espaciais, queren dar a volta ao universo. A súa primeira parada é a Terra, onde atoparán aventuras, amigos e unha malvada mosca que está a facer das súas agochada baixo a superficie...

Miñoca e Coello

Ramón D. Veiga

Miñoca atópase con coello e, aínda que ao principio parecen non facer boas migas, axiña se decatan de que a amizade está moi por riba das diferenzas...

A crebeira Marabillas

Olaia Sendón

Marabillas é crebeira. Unha crebeira apaña as cousas que o mar trae á praia. Ás veces o mar tamén trae tesouros, por iso ser crebeira é tan fabuloso...

Papá caníbal

Antonio Manuel Fraga

Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo...

Que queres ser de maior, pequena?

Sabela Fernández Trelles

Que che gustaría ser de maior? A Antía moito a amola que os adultos lle fagan decote esa pregunta e, aínda máis, que sempre a respondan eles mesmos sen contar coa súa opinión: «Serás unha gran doutora, como a túa nai; ou unha gran panadeira, seguindo a tradición familiar!»...

As músicas viaxeiras

Ramón Caride

En tempos remotos, as princesas vivían fechadas en torres mentres agardaban a chegada de príncipes con sangue azul. As pandeireteiras, pola contra, tiñan que buscar a vida polos camiños...

A cidade do átomo

Iria Misa

Tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súa evacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, ante a ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento...

Autor/a da semana

As cicatrices do caranguexo

Irene Alonso Gasalla

Saír sen danos dunha liorta co capitán Cancro non é cousa doada. Cando menos levarás de recordo algunha cicatriz revirada e, de seguro, unha historia que contar...

Nerea. O príncipe da sorte

Pablo Prado

Unha poza sen fondo, un príncipe que pide ser rescatado, uns monstros que non se sabe o que din... Ou pode que si? E todo por non facer caso dos consellos dos seus pais...

Pan con chocolate

Paula Carballeira

Este libro non conta unha historia, conta moitas historias. Este libro conta a historia dun neno chamado Gianni Rodari, pero tamén podería contar as historias de moitos outros nenos e moitas outras nenas que soñan e escriben para poder ter tantas vidas como queiran...

Paco Peco Pequeneiro e o lagarteiro miope

Xelís De Toro

Paco Peco Pequeneiro vai dar un paseo logo da merenda, cando un falcón o confunde cun lagarto e o leva preso ata o seu niño. Como é posible confundir un neno cun becho? Necesitará levar lentes o lagarteiro?

Vaia cabuxiño!

O Hematocrítico

O Lobo Feroz é un cidadán respectable e responsable que coida do seu sobriño e rexenta unha xastraría. Iso é agora, antes o Lobo non era así. Non era feliz...

Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias

Yolanda Castaño

A poeta Yolanda Castaño cóntanos neste libro a vida de Xela Arias e móstranos como xa na infancia dunha nena escritora se albiscan os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións e non deixarse guiar por modelos de segunda man...

Animalia 3. Azul

Xosé Tomás

«Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoconclusivas, dunha páxina, reunidas en tres entregas: a primeira, «Animalia 1...

As pombas de Bastián

María Canosa

Desde a fiestra da súa casa, Minia observa todos os días como un home lles dá de comer ás pombas da rúa. As aves semellan ser as súas únicas amigas, mais a rapaza intúe que aquel home agocha unha maxia especial tras a soidade en que semella vivir...