Número de libros encontrados: 93
Os gritos das illas Lobeiras
Lino sufriu un ataque de poliomielite e por iso non puido ser mariñeiro. Pero o mar soñado será o escenario da súa aventura, cando descobre as aves que voan cara a atrás e que existe o misterio das illas Lobeiras: un lugar que non recollen os mapas e que só poden ver as persoas coñecedoras do seu segredo...
A nena, o monstro e o mar
Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar ata alí...
Formigas. Misión Camiño de Santiago
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados...
Orestes perde o sentido!
Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño...
A porta dourada
O meu pai é escritor coa cabeza e mecánico coas mans. Aínda que o que máis lle gusta é ser pescador, pero só co corazón, porque nunca lle vin pescar nada...
Mamá, quero ser Ziggy Stardust
Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición...
Sara ten un segredo
A vida de Sara, unha meniña de sete anos, está a piques de sufrir unha mudanza repentina. Algo abraiante vai sucederlle cando un día, atope un estraño tareco no sitio menos pensado...
Escaquis e Romeu
«É coma un neno», dicían de Romeu os seus coñecidos, pois se algo caracterizaba o vello barbeiro era a súa inocencia. A vida de Romeu transcorría tranquila, entre cortes de pelo, barbeados e lecturas na compaña das plantas da súa galería...
As peripecias de Extravaganzza Pérez
Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona. Semellan estar algo tolos, pero queren aos animais e mais á súa filla pola vida...
Os Megatoxos e a batalla de Rande
O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias...
Formigas. Misión Tokyo
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 E FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados...
A Boca do Inferno
Un libreiro aparece asasinado nunhas termas de Ourense. El sabía onde está a Boca do Inferno, o acceso ao lugar onde arden os condenados. O malvado Jacques Bourget du Lac anda á procura desa entrada para facerse co poder que outorga: enviar as persoas ao averno ou salvalas do padecemento...
A orquestra terrestre
Manu fixo un anuncio na rúa para captar voluntarios e formar unha orquestra. Ao día seguinte xuntouse unha chea de xente na Praza da Solfa, aínda que aconteceu algo extraordinario: ninguén trouxera consigo o instrumento...
Fred Quincalla, o nómade do mar
Esta é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas. Viaxeira por curiosidade e necesidade, un día Leopolda deu co Gran Gogol, un cociñeiro aprendiz de violinista e fuxitivo da inxustiza...