Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 22

Abecedario ilustrado

Carles Cano

27 ilustradores españois e latinoamericanos participan neste abecedario ilustrado. Unha letra por cada dobre páxina, unha palabra que comeza por esa letra e un pequeno texto literario, en ton divertido e asequible para os pequenos lectores, no que aparece esta palabra, escrito en maiúsculas e letra ligada...

A Lúa

Ignasi Valios i Buñuel

A Lúa é misteriosa. Descubride, a partir de elementos do imaxinario popular, a fascinación que esperta este astro cativador para o ser humano. Presentámosvos un libro moi especial: pódese ler ás escuras...

Axente Riciños

O Hematocrítico

Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica? Colchóns de cama que eslombarían ata unha estatua? A axente Riciños resolve o crime antes de que se cometa...

Feliz Feroz. O lobiño riquiño

O Hematocrítico

A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade...

Onde viven as fadas?

Ignasi Valios i Buñuel

Buscando o lugar onde viven as fadas, atoparedes un mundo de fantasía cheo de personaxes marabillosos, coma os trasnos que viven no bosque, as sereas que habitan no mar, as pantasmas...

Dicionario visual

Varios Autores

Un dicionario cheo de imaxes a toda cor que representan escenas da vida cotiá. Organizado en dobres páxinas e a grande formato, preséntase situacións arredor da familia, a casa e o xardín, o salón, o dormitorio, o baño, a cociña, o supermercado, a festa de aniversario, a aula, a visita ao médico, o parque, a granxa, a praia, o zoo, a cidade, o corpo humano, os oficios, os contrarios, as cores, as formas, o alfabeto, os número, as horas e os instrumentos musicais...