«Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país ou se, polo contrario, imos ser a xeración que soubo facerlle fronte a esta lexión de enterradores», di Carlos Callón en "Galegocalantes e galegofalantes", un libro-testemuño sobre o que lle ten acontecido á lingua galega desde que o PP retomou o poder autonómico en 2009.

Nas súas páxinas analízanse as causas dos retrocesos e do inédito movemento social de resposta xurdido nese ano. Ademais, fornécense argumentos para continuar na defensa do idioma e anímase a que as persoas galegocalantes dean o paso a se transformaren en galegofalantes. É, pois, un libro que dá azos, razóns, forza e determinación.
Galegofalantes, activémonos! Galegocalantes, unídevos!
Colección
CRÓNICA
Código
1345151
I.S.B.N.
978-84-9121-150-1
Publicación
09/03/2017
Clasificación IBIC
CFB
Formato
Papel
Páxinas
232
Tamaño
22 x 15 cm
Autor/a
Carlos Callón
Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Español de Lisboa e doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués.
Presidiu durante doce anos A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, e dirixiu numerosas campañas a favor do idioma do país. Foi tamén promotor e portavoz nacional da plataforma Queremos Galego e presidente do Comité de Estado da Axencia Europea de Linguas Minoradas. Na actualidade asume a presidencia de honra da Mesa.
Ademais de varios estudos históricos e literarios, publicou o manual Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (Xerais, 2012) e diferentes achegas sociolingüísticas, como Galegocalantes e galegofalantes (Xerais, 2017) e Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais, 2011).
O seu último traballo como poeta é A abertura da boca (2021). Pola súa obra recibiu, entre outros, o premio de ensaio Vicente Risco e o Careón á traxectoria literaria.